Utilizamos cookies que nos permiten mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, acepta o uso que facemos das cookies.
CONSTRUCIÓNS EN XERAL
Construccións Rocha Novoa nace no ano 2000 da
man de Antonio Rocha Fernández, dono e xerente actual da construtora.
A empresa, con sede en Leirado (Salvaterra de Miño), desenvolve unha actividade completa
en obras de carácter privado e pon á disposición do cliente a mellor tecnoloxía
coa que afrontar os máis ambiciosos proxectos.
Construccións Rocha Novoa mantén un firme compromiso co cliente desde a primeira
toma de contacto, aconsellando segundo os requerimentos e garantindo altos niveis
de profesionalidade e dedicación.
Antonio Rocha aposta por un seguimento a pé de obra; o trato personalizado de cada
construción é sinal da nosa identidade. A implicación de toda a empresa no traballo
para os nosos clientes é fundamental para acadar o grao de calidade que nos esiximos.
Construccións Rocha Novoa é unha empresa próxima, unha empresa que non comeza unha
obra sen ter a seguridade de que o resultado vai ser óptimo. A nosa esixencia é
entregarlle ao cliente un traballo inmellorable.
Rocha Novoa destaca pola súa integral gama de servizos. A construción dunha obra completa comeza na planificación xunto co cliente, ao que lle ofrecemos os servizos dos nosos arquitectos colaboradores, e remata cando a vivenda está absolutamente habitable.
Esta construtora ten experiencia no levantamento e habilitación de obras con fins comerciais. Á marxe do carácter do negocio, Construccións Rocha Novoa garante sempre a máxima especialización e adecuación ás necesidades particulares de cada infraestrutura.
Somos especialistas na restauración de casas antigas. Aproveitando o material existente, a empresa Construccións Rocha Novoa acada grandes resultados, sempre cumprindo coa idea que o cliente nos fixera chegar e garantindo a máxima calidade nos acabados.
Realizamos reformas totais ou parciais, tanto de exteriores como de interiores. Sexa a funcionalidade, o deseño ou a combinación de ambos a finalidade da reforma, a empresa Construccións Rocha Novoa comprométese a acadar sempre o mellor resultado.
Urbanizamos xardíns, fincas ou calquera outro tipo de terreo particular que necesite de preparación ou acondicionamento. Somos expertos en pavimentacións e traballos relacionados. Construccións Rocha Novoa logra sempre traballos destacables esteticamente.
Rocha Novoa ofrece servizos de deseño e construción de piscinas de obra. O noso elemento estrela en canto á preparación de exteriores para particulares é unha gran piscina. A nosa empresa é sinónimo de calidade e deseño nos acabados de xardíns e exteriores.
Contamos coa clase de maquinaria idónea para levar a cabo movementos de terra, desterros e alisamentos de terreos. A minipala con retro escavadora coa que realizamos os nosos traballos facilítanos un preciso acabado nos terreos máis escarpados ou difíciles.
Ofrecemos servizos de construción de vivendas completas e tamén podemos rematar proxectos sen finalizar. Realizamos o acondicionamento de vivendas nas que aseguramos a optimización do espazo existente da mellor forma.